Bergantiños, Terra de

20-11-2017

AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE BERGANTIÑOS:

Imos analizar aquí a Terra de Bergantiños durante o Antigo Réxime (siglos XVI-XVIII). Por razóns de operatividade seleccionamos o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Laxe, Cabana, Malpica, Ponteceso, Coristanco, Carballo e Laracha), xa que representar directamente as xurisdiccións resultaría moi complicado e difícil de comprender dada a irregularidade e dispersión do seu territorio:

Berg

A Terra de Bergantiños pertenecía ás duas antiguas provincias de Santiago e Coruña, xa que estaba a cabalo entre elas (o 57% do seu territorio era de Santiago e o 43% de Coruña). Comprendía 19  xurisdicións e tres cotos redondos (Jornes, Agualada e Carballo), que sumaban en conxunto una superficie de 740 Km2. As xurisdiccións de Mens e Bergantiños pasaban das 10.000 Has. de extensión, mentras que os tres cotos antes señalados e as xurisdiccións de Leiloyo e Alloes non pasaban de 1.000:

XURISDICCIÓN SUP. KM2
MENS 129
BERGANTIÑOS 118
MALPICA 45
SONEYRA 44
VIMIANZO 40
SOANDRES 39
JALLAS 38
PENELA 35
HERBOEDO 30
ARDAÑA 29
RUS 28
CAYON 28
JAVIÑA 25
SEAVIA Y NOGUEYRA 23
MONTEMAYOR 22
ALMEREZO 17
BERTOA 13
JORNES 10
AGUALADA 8
CARBALLO 8
LEILOYO 7
ALLONES 4
TOTAL 740
Berg_jur_diss
As xurisdicciós da Terra de Bergantiños durante o Antiguo Réximen.

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE BERGANTIÑOS:

Os dominios señoriales (ver señorío) da Terra de Bergantiños estaban muy repartidos entre os distintos estamentos. Así, a nobleza titulada ocupaba o 33% do seu territorio, seguido por as terras de realengo co 21% e o clero regular co 18% e finalmente a fidalguía e clero secular, ambos co 14%:

DOMINIO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
NOBLEZA TITULADA 32 247 33
REALENGO 18 157 21
CLERO REGULAR 11 132 18
HIDALGUIA 11 104 14
CLERO SECULAR 12 100 14
TOTAL 84 740 100

Como máis grandes posuidores figuraban en primeiro lugar o conde de Altamira, seguido por Su Majestad, que exercían o seo señoríao sonre máis de 10.000 Has., seguidos por o mosteiro de San Martín e o arzobispo de Santiago.

A moita maior distancia encontrábanse varios membros da fidalguía ou os condes de Amarante e Ribadavia que nesta comarca non chegaban ás 1.000 Has.:

SEÑORÍO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
CONDE DE ALTAMIRA 23 169 23
SU MAJESTAD 18 157 21
MONASTERIO DE SAN MARTIN 8 92 12
ARZOBISPO DE SANTIAGO 10 83 11
DON JUSTO MANUEL VARELA 3 29 4
CONDE DEL GRAJAL 2 29 4
MARQUES DE ALCAÑIZAS 4 28 4
MONASTERIO DE SAN PAYO 1 23 3
DON JOSEPH BERMUDEZ 1 22 3
DOÑA JOAQUINA DE OCA 3 21 3
MONASTERIO DE SOBRADO 2 17 2
DON MANUEL COLMENARES 1 13 2
OBISPO DE MONDOÑEDO 1 10 1
DON DIEGO DE OCA Y CADORNIGA 1 9 1
MARQUES SAN JUAN DO CARBALLO 1 8 1
CONDE DE RIBADAVIA 1 8 1
CABILDO DE SANTIAGO 1 7 1
DON JUSTO MANUEL VARELA 1 6 1
CONDE DE AMARANTE 1 5 1
DON JOAQUIN DE LAMAS 1 4 1
TOTALES 84 740 100

Ber_sen_diss

Por estamentos, xa señalamos que a NOBLEZA TITULADA controlaban o 33% do territorio, e exercía o seu dominio sobre 247 Km2. e 32 feligresías, sendo o conde de Altamira o maior propietario, xa que controlaba 169 Km2. de 16 feligresías das xurisdicciós de Mens e Vimianzo; seguíalle o conde Del Grajal, con 2.900 Has na xurisdicción de Ardaña; o marqués de Alcañizas 2.800 Has. na xurisdicción de Cayón; o marqués de San Juan do Carballo 800 Has. no coto de Carballo, o conde de Ribadavia outras 800 Has. no coto de Agualada e, por último, o conde de Amarante, 500 Has. na xurisdicción de Bergantiños.

O REALENGO exercía a sua xurisdicción nas terras de Bergantiños e Soneyra, que alcanzaban o 21% do total da comarca, con 15.700 Has. e 18 feligresías.

O CLERO REGULAR ocupaba o 18% do territorio, con 13.200 Has e 11 feligresías. O mosteiro de San Martín, exercía o seu señorío nas xurisdiccións de Soandres (actual concello de Laracha), Rus (Carballo) e Javiña (Coristanco); o mosteiro de San Payo na xurisdicción de «Seavia y Nogueyra», no actual concello de Coristanco; e o mosteiro de Sobrado na de Almerezo (actual concello de Ponteceso).

A FIDALGUÍA estaba presente no 14% do territorio, con 10.400 Has de superficie e 11 feligresías por Don Diego de Oca na xurisdicción de Herboedo (actual concello de Carballo); Don Joaquín de Lamas na de Allones (actual concello de Ponteceso); Don Joseph Bermúdez en Montemayor (Laracha); Don Justo Manuel Varela en Penela (Cabana e Ponteceso); Don Manuel Colmenares el Bertoa (Carballo) e Doña Joaquina de Oca en Herboedo (Laracha).

O CLERO SECULAR, co 14% do territorio 10.000 Has. e 12 feligresías) estaba representado por o arzobispo de Santiago que exercía o seu dominio nas xurisdiccións de Malpica e Jallas, seguido por o cabildo de Santiago en Leiloyo (actual concello de Malpica), e o obispo de Mondoñedo no coto de Jornes (Ponteceso).

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.
Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: