Ordes, Terra de

31-10-2017

AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE ORDES NO ANTIGUO RÉXIMEN:

Imos analizar a situación administrativa das Terras de Ordes durante o Antigo Réxime (séculos XVI-XVIII), cuia extensión ven a coincidir coa da comarca moderna oficial. As Terras de Ordes ocupaban a parte noroeste da rexión e estaban a cabalo entre as antigas provincias de Santiago (cun 73% do seu terrritorio), Betanzos (un 3%) e a Coruña (un 25%):

Ordes

Comprendía 13 xurisdicións, cunha superficie total de 753 Km2., das cales as máis extensas eran Mesía e Folgoso, que rondaban os 200 Km2. (20.000 Has.), e as máis pequenas Budiño, Altamira e Meirama, que non superaban os 10 Km2. Coa división provincial de 1833, todas as xurisdicións da Terra de Ordes integráronse na nova provincia da Coruña, ver  https://eirexe.es/galicia/

XURISDICCIÓN SUP.  KM2
MESIA 204
FOLGOSO 188
VILLARPREGO 94
MONTAOS 92
ENCROBAS 64
RUS 21
GORGULLOS 20
SOBRADO 19
JALLAS 16
MONZO Y RESTANDE 13
BUDIÑO 8
ALTAMIRA 7
MEIRAMA 7
TOTAL 753

 

Ordes_jur_diss
As xurisdicciós da Terra de Ordes no Antiguo Réximen.

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE ORDES:

Do total da superficie do dominio señorial, o 60% correspondía á nobreza titulada ou alta nobreza, o 32% ao clero secular, o 5% ó clero regular, o 2% eran terras de realengo e sólo un 1% pertenecía á fidalguía:

DOMINIO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
NOBLEZA TITULADA 43 453 60
CLERO SECULAR 26 240 32
CLERO REGULAR 3 40 5
REALENGO 2 13 2
HIDALGUIA 1 7 1
TOTALES 75 753 100
Ordes_sem_diss
Os dominios señoriales na terra de Ordes.

 

Na lista de maiores posuidores figuraban en primeiro lugar o arzobispo de Santiago, con dominio sobre 240 Km2. (unhas 24.000 Has.), seguido polo conde de Altamira con 189 Km2., o Conde de Grajal (94 Km2.) e o Marqués de Montaos (92 Km2.).  A maior distancia atopábase a Marquesa de Astorga con 78 Km2., e en último lugar os Mosteiros de San Martín (21 Km2.) e de Sobrado (19 Km2.), seguido das terras de realengo (13 Km2.) e finalizando cas terras de Don Bernardo Basadre (700 Has.)

Por estamentos, a nobleza titulada controlaba o 60% do territorio (453 Km2.), con 43 freguesías. Estaba representado por dous grandes posedores: o conde de Altamira, con 189 Km2. e 22 feligresías e a marquesa de Astorga, con 78 Km2. e 4 feligresías, unha delas compartida con Don Lucas Sanchez. A maior distancia atopábase o marqués de Montaos (92 Km2. e 10 feligresías) e o conde de Grajal, con 94 Km2. e 7 feligresías, unha delas tamén compartida con Don Joseph Rey.

O clero secular exercía a sua xurisdicción sobre un total de 240 Km2. e 26 feligresías, sendo o único representante o Arzobispo de Santiago que exercía o seu dominio en todas elas excepto a de Xanceda que estaba compartida con Don Juan Pimentel.

A moita máis distancia xa se encontraba o clero regular, con dominio sobre 4.000 Has. e 3 feligresías, repartidas entre o mosteiro de San Martín de Santiago (21 Km2. na feligresía da Vila de Abade na xurisdicción de Rus), e o mosteiro de Sobrado, con 19 Km2 nas duas feligresías de Cumbraos e Cabrui.

O realengo limitábase á xurisdicción de Monzo y Restande, con 1.300 Has. nas dúas feligresías do mismo nome.

Por último, a fidalguía representada por Don Bernardo Basadre ocupaba unha superficie de 700 Has  na feligresía e xurisdicción de Meirama.

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Moñino.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.

 

Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: