28-12-2021
Os labradores da terra de Chantada pagaban anualmente a renda do Voto de Santiago ao arcebispo e cabido da catedral compostelá. Esta renda consistía nunha cantidade anual de centeo ou viño, e foi abolida polas Cortes de Cádiz en 1812 por ser unha renda moi discutida porque beneficiaba a un rico grupo eclesiástico e prexudicaba aos labradores.
Os labradores de Chantada , do mesmo xeito que os do resto de Galicia, pagaron desde tempo inmemorial ao arcebispo e cabido da catedral de Compostela un imposto ou renda anual chamada do Voto de Santiago (ver cuadro adxunto).
Esta renda consistía nunha cantidade de centeo (ou viño no caso das parroquias da riveira do Miño) que era moi impopular entre os campesiños porque beneficiaba a un rico grupo eclesiástico –o arzobispo e cabildo de Santiago- e prexudicaba aos labradores da nosa terra.
A legalidade do Voto de Santiago foi sempre discutida porque se baseaba no chamado Privilexio dos Votos, feito pola monarquía supostamente no ano 834. Este privilexio narra a batalla entre mouros e cristiáns, cando estes negáronse a pagar o “tributo das cen doncelas”, que se satisfacía desde tempos do rei Mauregato para evitar as represalias dos mouros. O rei Ramiro I non soportou máis aquela ofensa e durante o seu soño nocturno foi consolado polo Apóstolo Santiago, quen lle prometeu a súa axuda na batalla de Clavijo, onde apareceu o mesmo Santiago durante a batalla e propiciou a vitoria dos cristiáns. En agradecemento, Ramiro I prometeu ao Apóstolo que cada ano os seus vasallos pagarían unha renda ou voto que lembraría para sempre a súa axuda naquela batalla.
Pero o certo é que para historiadores como Ofelia Rey Castelao o Privilexio dos votos é unha falsificación realizada cara a 1140-1150 para dar credibilidade a unha renda que non a tiña e para que esta aparecese como unha concesión real ao amparo da Coroa decantándose así en beneficio do cabido de Santiago.
Parece que a igrexa compostelá tivo tamén o apoio do Vaticano mediante a obtención de varias bulas, algunhas delas consideradas falsas, como a do papa Celestino de 1195, que declaraba a non prescrición do voto e permitía á igrexa compostelá demandar aos campesiños ante os tribunais reais e non nos eclesiásticos.
Desta maneira o voto íase impoñendo, ata alcanzar o éxito definitivo por mor da intervención dos Reis Católicos na súa visita a Santiago de 1486, ano en que confirmaron todos os privilexios da catedral compostelá, incluídas as falsificacións, e consolidaban o voto como renda civil protexida pola Coroa.
Da renda do voto de Santiago chegou a depender a existencia da institución xacobea, polo que derivou nunha presión constante sobre os campesiños. En Galicia as cotas eran algo máis baixas e en centeo, pero afectaban a toda a poboación rural sen importar a súa renda ou se dispoñían ou non de medios con que pagar.
A partir da intervención dos Reis Católicos, que validaba os anteriores votos a través dos tribunais reais como a Audiencia de Galicia, o cabildo puxo en marcha un proceso para ampliar as zonas contribuíntes, polo que se interpuxeron numerosas demandas, acudindo aos tribunais civís e non aos eclesiásticos. Estas sentenzas sempre foron favorables ao cabildo e aos bispos, ata que en 1592 a Chancillería de Valladolid ditou sentenza a favor de cinco bispados casteláns, na que se recoñecía a falsidade dos documentos crave do voto.
Por mor da sentenza de Valladolid, o arcebispo e cabildo buscaron que se establecese unha xurisdición especial, obtendo en 1615 a promulgación dunha Real Célula que instauraba os Xuíces Protectores do Voto, que lles outorgaba o dereito de elixir a un dos xuíces da Audiencia para que se ocupasen de todos os preitos e asuntos referidos ao Voto de Santiago. Desta maneira, o cabildo e arcebispo elixían aos que lles resultaba máis afíns e pagábanlles anualmente un soldo a maiores a cambio de contar cos seus servizos.
Esta situación duraría ata ben entrado o século XVIII, convertidos en defensores de quen lles pagaba o soldo e sentenciando sistematicamente a favor da igrexa compostelá, sendo suprimido definitivamente a renda do Voto de Santiago polas Cortes de Cádiz de 1812.
Do mesmo xeito que as demais comarcas de Galicia, os campesiños chantadinos consideraban o Voto de Santiago como un imposto inxusto que beneficiaba ao arcebispo compostelán e a uns poucos membros do cabildo, que hasta que foran obrigados a vivir en Santiago polo concilio deTrento residían nas suas posesions do val do Ulla ou da costa do Atlántico. Os labregos dificilmente podían facer fronte a inimigo tan poderoso, e porque naqueles tempos ainda non se demostrara que o privilexio fose falso e, por riba, que fora validado nada menos que polos Reis Católicos.
Tomando como referencia as respostas xerais do Catastro de Enseada de 1753 para a terra de Chantada [*] elaboramos o cadro adxunto, do que se pode deducir que o total das rendas que se pagaban polo concepto de Voto de Santiago na nosa terra era duns 11.000 ferrados de centeo e algo máis de 8.000 litros de viño ao ano. É de supoñer que o Voto de Santiago estaba arrendado a terceiros e suxeto ás fluctuacións propias do mercado ata que finalmente o seu importe fose satisfeito ao cabido en reais devellón.
En definitiva se esta renda era considerada tan gravosa para os campesiños debíase non o volume da renda senón ao feito de que gravaba a todos por igual, fosen ricos ou pobres e, o que é máis importante, ademais do Voto os campesiños estaban obrigados a pagar outros tipos de renda como os dereitos señoriales, rendas pola terra, diezmos, primicias, censos ou renda au cabildo de Lugo ou á Virxe dos Ollos Grandes.
[*] Considerando aquí so as xurisdiccións de Chantada, San Salvador de Asma, parte de a de Oseira (Santa Eugenia de Asma e Esmoriz), e os cotos de Brigos, Merlán e Muradelle (con Santa Cruz de Viana).
ANEXO
DETALLE DO IMPOSTO DO VOTO DE SANTIAGO NA TERRA DE CHANTADA
1.- Veciños
2.- Renta de ferrados de centeo o ano
3.- Total renta de ferrados de centeo o ano.
4.- Rentas de viño ó ano.
5.- Total renta en litros de viño ó ano.
FELIGRESÍA | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
A GRADE (SAN VICENTE) | 24 | 1 | 24 | ||
A SARIÑA (SAN VICENTE) | 58 | 9 | 17,5 CANADOS | 638 | |
ADA (SANTA BAIA) | 60 | 1 | 60 | ||
AGUADA (SANTA BAIA) | 138 | 1 | 138 | ||
ARCOS (SANTA MARIA) | 80 | 1 | 80 | ||
ARGOZON (SAN VICENTE) | 72 | 1 | 72 | ||
BELESAR (SAN BART.) | 9 | 1/4 CANADO | 82 | ||
BERMUN (SANTA MARIA) | 32 | 1 | 32 | ||
BRIGOS (SAN SALVADOR) | 29 | 1 | 29 | ||
BUCIÑOS (SAN MIGUEL) | 77 | 1 | 77 | ||
CAMPORRAMIRO (Sª MARIA) | 54 | 0,75 | 41 | 1/4 VIÑO | 492 |
CARBALLEDO (SANTA MARIA) | 54 | 1 | 54 | ||
CARTELOS (SANTO ESTEVO) | 47 | 1 | 47 | ||
CASTRO (SAN CRISTOVO) | 52 | 1 | 52 | ||
CHANTADA (SANTA MARIÑA) | 84 | 1 | 84 | 1/4 CANADO | 766 |
CHOUZAN (SANTO ESTEVO) | 112 | 1 | 112 | ||
ESMORIZ (SAN XILLAO) | 19 | 1,33 | 25 | ||
ESMERIZ (SANTA MARIÑA) | 28 | 1 | 28 | ||
FORNAS (SAN CRISTOVO) | 30 | 1 | 30 | ||
FREAN (SANTA CECILIA) | 35 | 1 | 35 | ||
FURCO (SAN GREGORIO) | 74 | 1 | 74 | ||
LINCORA (SAN PEDRO) | 82 | 1 | 82 | ||
LOBELLE (SAN CRISTOVO) | 47 | 1 | 47 | ||
LOUSADA (SANTIAGO) | 64 | 37 | |||
MARIZ (SAN MARTIÑO) | 90 | 1 | 90 | ||
MERLAN (SAN TOME) | 76 | 19 | |||
MILLEIROS (SAN XOAN) | 28 | 1 | 28 | ||
MOURICIOS (SAN CRISTOVO) | 44 | 0,75 | 33 | ||
MURADELLE (SAN PAIO) | 92 | 1 | 92 | ||
NOGUEIRA (SANTA M.) | 174 | 1/2 CANADO | 3.174 | ||
O MATO (SAN XILLAO) | 46 | 1 | 46 | ||
O MONTE (SAN MIGUEL) | 46 | 1 | 46 | ||
PEREIRA (SAN MAMEDE) | 21 | 0,75 | 16 | ||
PESQUEIRAS (SANTA MARIA) | 46 | 1 | 46 | ||
PRADEDA (SANTIAGO) | 39 | 1 | 39 | ||
REQUEIXO (SANTIAGO) | 98[1] | 1 | 98 | ||
SABADELLE (SANTA MARIA) | 32 | 1[2] | 32 | ||
SAN FIZ DE ASMA (SAN FIZ) | 98 | 1[3] | 98 | 4 AZUMBRES | 223 |
SAN MAMEDE DE LOUSADA | 42 | 1 | 42 | ||
SAN PEDRO DE VIANA | 26 | 1 | 26 | 1/4 VIÑO | 237 |
SAN SALVADOR DE ASMA | 68 | 0,75 | 51 | 18 CUARTILLOS | 698 |
SAN XURXO DE ASMA | 30 | 2[4] | 60 | ||
SANTA CRISTINA DE ASMA | 29 | 1 | 29 | ||
SANTA CRUZ DE VIANA | 52 | 1[5] | 52 | ||
SANTA EUGENIA DE ASMA | 49 | 1,33 | 65 | ||
SANTIAGO DA RIBA | 43 | 1/4 CANADO[6] | 392 | ||
VEASCOS (SANTA MARIÑA) | 12 | 1 | 12 | ||
VILAESTEVA (SAN SALVADOR) | 120 | 1 | 120 | 1/4 CANADO | 1.094 |
VILAQUINTE (SANTA MARIA) | 80 | 1 | 80 | ||
VILAUXE (SAN SALVADOR) | 56 | 1 | 56 | 1/4 CANADO | 511 |
TOTALES | 3.201 | 11.483[7] | 8.308 |
[1] “El vecino que tiene yugada”.
[2] “El vezino que ttiene yuntta de bueies”.
[3] “El vezino que ttiene yuntta de bueies”.
[4] Todos pagan un ferrado, e os que teñen xugada un máis,
[5] Máis dous reais de vellón.
[6] “Además los vecinos pagan tres maquilas de centeno”
[7] Utilizando a tabla de equivalencias da zona de Armeriz (http://lembranzasdearmariz.blogspot.com), estas cifras equivalen a 2.296 fanegas e a 201.871 kgs.