21-11-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE XALLAS:
Imos analizar aquí a Terra de Xallas durante o Antigo Réximen (siglos XVI-XVIII). Por razóns de operatividade seleccionamos o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Santa Comba e Mazaricos), xa que representar directamente as xurisdiccións resultaría moi complicado e difícil de comprender dada a irregularidade e dispersión do seu territorio:

A Terra de Xallas estaba situada na parte noroeste da rexión e pertenecía á antigua provincia de Santiago. Comprendía 3 xurisdicións , que sumaban en conxunto una superficie de 392 Km2., sendo as principales as de Jallas e Muros:
| XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
| JALLAS | 194 |
| MUROS | 151 |
| SIERRA | 47 |
| TOTAL | 392 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE XALAS:
Os principales dominios señoriales (ver señorío) da Terra de Xallas correspondían por unha parte ó clero secular, que ocupaba o 88% do seu territorio, e por outra por a nobleza titulada, que exercía o seu dominio sobre o 12% restante:
| DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
| CLERO SECULAR | 26 | 345 | 88 |
| NOBLEZA TITULADA | 3 | 47 | 12 |
| TOTAL | 29 | 392 | 100 |
Os máis grandes posuidores eran o arzobispo de Santiago e o marqués de la Sierra, únicos representantes do clero secular e da nobleza na terra de Xallas:
| SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
| ARZOBISPO DE SANTIAGO | 26 | 345 | 88 |
| MARQUES DE LA SIERRA | 3 | 47 | 12 |
| TOTALES | 29 | 392 | 100 |

Por estamentos, xa señalamos que o CLERO SECULAR, na cabeza do arzobispo de Santiago, controlaba o 88% da terra de Xallas, con 345 Km2. de superficie total e 26 feligresías (16 na xurisdicción de Jallas (actual concello de SantaComba), e 10 na de Muros (actual concello de Mazaricos).
En nome da NOBLEZA TITULADA, o marqués de la Sierra controlaba o resto do territorio, exercendo o seu dominio sobre 4.700 Km2. e 3 feligresías da xurisdicción de Sierra (actual concello de Mazaricos).
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.