16/08/2023
Fai uns 230 Millóns de anos produciuse durante a orogenia varisca ou hercínica (Paleozoico medio e superior) unha colisión entre os continentes Gondwana e Laurentia. Salvando as distancias, nesta imaxe preséntase as consecuencias daquel suceso na nosa propia parroquia, xa que na sua parte Este podemos ver o modelo proposto polos xeólogos da Universidade de Oviedo Fúñez Marcos, A., & Llana Fúnez, S. (2002). Estratigrafía y estructura de la lámina tectónica del Para-autóctono y de su autóctono en el área de Chantada (Galicia, NO de España). Trabajos De Geología, 23(23), 4–5. (ver)

Según este modelo podemos ver na parte oriental do presente mapa o territorio que corresponde á denominada alóctono ou lámina para-autóctona e, separados por unha falla de dirección sudeste-noroeste, na parte occidenteal o correspondente as rocas ígneas nas súas diversas formas, ben como granodioritas ou como granito en xeneral (ver mapa).
A lámina para-autóctona, así denominada, é unha unidade tectónica que aflora en Galicia e Norte de Portugal, e que está formada por materiais precámbricos e paleozoicos onde predominan os minerais do denominado Grupo Nogueira (xistos negros con frecuentes niveis de liditas) e Grupo Paraño (cuarzo-xistos, grauvacas e cuarcitas).

De abaixo arriba, a lámina para-autóctona habería que situala por riba da lámina autóctona (esta última representada polo sinclinal Fronton-Ervedeiro, con materiais como lousas de Luarca, serie Os Cabos e a formación Ollo de Sapo). (ver https://eirexe.es/mapa-geoloxico-de-chantada/)
O máis significativo de todo isto é que na parte este da nosa parroquia prodúcese o contacto entre as rocas ígneas e a lámina para-autóctona nas proximidades do lugar da Cuqueira, situándose a liña de contacto, como xa dixemos, na falla que con dirección sueste a nordeste cruza a parte oriental da nosa parroquia, e que máis localmente está demarcada polas leiras denominadas “Chousa de Riba”, “Chousa de Baixo” , “Os Salgueiros”, “Prado da Costa” e «Monte da Costa», pero que se prolonga ata máis aló de Derramán.
