06-12-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE OS ANCARES:
Imos analizar aquí a Terra Os Ancares durante o Antigo Réximen (siglos XVI-XVIII). Por razóns prácticas temos seleccionado o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Baralla, Becerreá, Navia de Suarna, As Nogais, Cervantes e Pedrafita do Cebreiro). O motivo é que se representamos individualmente as xurisdiccións, ou en circunscripciós máis pequenas, resultarían moito máis difíciles de representar e de comprender dado o seu elevado número e dispersión no territorio:

A terra do Os Ancares estaba situada na parte máis oriental da rexión galega e pertenecía durante o Antiguo Réximen á antigua provincia de Lugo. Comprendía 16 xurisdicións, e 8 cotos redondos que sumaban en conxunto un total de 1.044 Km2. As xurisdiccións de Navia de Suarna e Cervantes superaban os 200 Km2. (20.000 Has.) de extensión, mentras que os cotos de Vale, Villa Sante e Piñeyra así como a xuriscicción de Villaesteva de los Herederos non superaba as 500 Has.:
| XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
| NAVIA DE SUARNA | 241 |
| CERVANTES | 229 |
| TORES | 88 |
| NEYRA DE JUSA | 87 |
| CANCELADA DE ABAXO | 68 |
| CEBRERO | 60 |
| DONCOS | 41 |
| PENA-MAYOR | 39 |
| SAN JUAN DE NOCEDA | 24 |
| VALLE DE OSELLE | 20 |
| NEYRA DE REY | 19 |
| VILLARELLO | 17 |
| PACIOS DE LOUSADA | 17 |
| CANCELADA DE ARRIBA | 16 |
| PUERTO MARIN SAN JUAN | 16 |
| VILLAPUN | 11 |
| TRIACASTELA | 10 |
| PIEDRAFITA DE CAMPO REDON | 9 |
| PICATO | 9 |
| PACIOS | 8 |
| VALE | 5 |
| VILLA SANTE | 5 |
| PIÑEYRA | 3 |
| VILLAESTEVA DE HEREDEROS | 2 |
| TOTALES | 1044 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE OS ANCARES:
O 77% da Terra de Os Ancares era de dominio señorial da nobleza titulada. A moita distancia atopábase a Fidalguía, que controlaba o 11% do territorio, seguida por o clero regular (9%), o secular (2%) e as órdenes militares (1%):
| DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
| NOBLEZA TITULADA | 92 | 804 | 77 |
| HIDALGUIA | 13 | 119 | 11 |
| CLERO REGULAR | 10 | 96 | 9 |
| CLERO SECULAR | 2 | 16 | 2 |
| ORDENES MILITARES | 1 | 9 | 1 |
| TOTAL | 118 | 1.044 | 100 |
Os maiores posuidores da Terra de Os Ancares eran os representantes da nobleza titulada, comenzando por o conde de Altamira, que posuía o 23% do territorio, seguido por o conde del Grajal co 22%, o conde de Amarante co 12% e o conde de Lemos co 9%. Por debaixo de esta cifra había un bon número de membros da fidalguía e da pequena nobleza que nas súas posesiós non superaban as 100 Has. de extensión :
| SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
| CONDE DE ALTAMIRA | 20 | 241 | 23 |
| CONDE DEL GRAJAL | 16 | 229 | 22 |
| CONDE DE AMARANTE | 18 | 121 | 12 |
| CONDE DE LEMOS | 24 | 97 | 9 |
| MONASTERIO DE SAN BENITO | 6 | 57 | 5 |
| DUQUE DE VERAGUAS | 5 | 41 | 4 |
| MONASTERIO DE PENA-MAYOR | 4 | 39 | 4 |
| MARQUESA DE PARGA | 3 | 35 | 3 |
| DON PEDRO LUIS DE ULLOA | 1 | 24 | 2 |
| DON JOAQUIN VELARDE | 4 | 20 | 2 |
| MARQUES DE MONTAOS | 1 | 19 | 2 |
| DON DIEGO BERMUDEZ | 1 | 17 | 2 |
| DON JOSEPH SACO ARMESTO | 2 | 17 | 2 |
| ARCEDIANO DE TRIACASTELA | 2 | 16 | 2 |
| DON FRANCISCO DE FRIAS | 1 | 16 | 2 |
| MARQUES DE CASTELAR | 3 | 14 | 1 |
| HOSPITAL SAN MIGUEL SANTIAGO | 1 | 11 | 1 |
| ENCOMIENDA PUERTO MARIN | 1 | 9 | 1 |
| DON JOSEPH SEIJAS | 1 | 8 | 1 |
| MARQUES DE VILLASANTE | 1 | 5 | 0 |
| DON BERNARDO BOADO | 1 | 3 | 0 |
| DON ANTONIO ARMESTO | 1 | 3 | 0 |
| CONDE DE MACEDA | 1 | 2 | 0 |
| TOTALES | 118 | 1044 | 100 |
Si analizamos os datos por estamentos, vemos que a NOBLEZA TITULADA ocupaba un lugar preeminente en relación cos demáis estamentos, xa que acaparaba o 77% do territorio, e comprendía 804 Km2. (máis de 80.000 Has.) e 92 feligresías. Os seus representantes máis ilustres eran o conde de Altamira con 24.100 na xurisdicción de Navia de Suarna; o conde del Grajal, con 22.900 Has. na xurisdicción de Cervantes e o conde de Amarante, con 12.100 Has. nas xurisdicciós de Cancelada de Abaxo (actual concello de Becerreá) e Torés (actuales concellos de As Nogais e Becerreá), todos eles por arriba de 10.000 Has. de posesión. Entre 2.000 e 10.000 Has. estaban o conde de Lemos, con 9.700 Has. nas xurisdiccións de Triacastela (feligresía de Guilfrei, compartida con Doña Ignacia Ribadeneyra) e na xurisdicción de Neyra de Jusá, tamén compartindo o dominio da feligresía de Constantin ca encomienda de Puerto Marín; o duque de Veraguas, 4.100 Has. na xurisdicción de Doncos, compartindo a feligresía de Nullán ca marquesa de Parga; a marquesa de Parga, 3.500 Has. na xurisdicción de Torés, compartida en dúas feligresías co mosteiro de Samos. Por debaixo das 2.000 Has. estaban o marqués de Montaos, dono de 1.900 Has. na feligresía de Penarrubia, xurisdicción de Neyra de Rey; o marqués de Castelar, señor de 1.400 Has. na xurisdicción de Picato e o coto de Vale (os dous do actual concello de Baralla); o marqués de Villasante, posuidor de 500 Has. no coto de Villasante (Cervantes) e, finalmente, o conde de Maceda, que controlaba 200 Has. na xutisdicción de Villaesteva (actual concello de Becerreá).

A FIDALGUIA, con 11.900 Has. de posesiós, ocupaba o 11% do territorio de Os Ancares e abarcaba 13 feligresías. Os seus representantes máis destacados eran Don Pedro Luis de Ulloa, dono de 2.400 Has. no coto de San Juan de Noceda (actual concello de As Nogais); Don Joaquín Velarde, de 2.000 Has. na xurisdicción de Valle de Oselle (Becerreá); Don Joseph Saco Armesto, de 1.700 Has. compartidas con Don Joseph Armesto y Quiroga na xurisdicción de Pacios de Losada (Piedrafita). Outros membros da fidalguía da zona eran Don Diego Bermudez, de 1.700 Has. no coto de Vilarello (Cervantes); Don Francisco de Frías, de 1.600 Has. da feligresía de Piornedo, adscrita á xurisdicción de a encomienda de Puerto Marín (e sita no actual concello de Pedrafita); o hospital de San Miguel de Santiago de 1.100 Has. do coto de Villapún (actual concello de Cervantes); Don Josep Seijas, de 800 Has. no coto de Pacios (Baralla); Don Bernardo Boado, de 300 Has. no coto de Piñeyra (Baralla) e, finalmente, Don Antonio Armesto, dono de 300 Has. na feligresía de Veiga de Forcas, xurisdicción do Cebreiro.
O CLERO REGULAR contaba ca presencia dos mosteiros de Pena-Mayor e de San Benito de Valladolid. Entre os dous controlaban el 9% do territorio de Os Ancares, que sumaban en total 9.600 Has. repartidas por 10 feligresías de toda a comarca. O monasterio de Pena-Mayor exercía o seu dominio sobre catro feligresías da xurisdicción de Pena-Mayor (actual concello de Becerreá) e o monasterio de San Benito sobre seis feligresías da xurisdicción de Cebrero, actual concello de Pedrafita.
O CLERO SECULAR estaba representado por o arcediano de Triacastela, que controlaba 1.600 Has. de duas feligresías da xurisdicción de Cancelada de Arriba, actual concello de Cervantes.
As ORDENES MILITARES víanse representadas por a encomienda de Puerto Marín que, ademáis de compartir co conde de Lemos o dominio sobre unha feligresía da xutisdicción de Neyra de Jusá, exercía a sua xurisdicción directamente sobre 100 Has. do coto de Piedrafita de Campo Real, actual concello de Baralla.
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.