08-12-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE MEIRA:
Imos analizar aquí a Terra Meira durante o Antigo Réximen (siglos XVI-XVIII). Por razóns prácticas temos seleccionado o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Riotorto, Meira, Pol e Ribeira de Piquín). O motivo é que se representamos individualmente as xurisdiccións, ou en circunscripciós máis pequenas, resultarían moito máis difíciles de representar e de comprender dado o seu elevado número e dispersión no territorio:

A terra de Meira estaba situada na parte noroeste da rexión galega e permanecía durante o Antiguo Réximen a cabalo entre as antiguas provincias de Lugo e a de Mondoñedo. A maior parte do seu territorio pertenecía á provincia de Lugo, correspondéndolle á antigua provincia de Mondoñedo a xurisdicción de Riotorto e os cotos de Moxueyra, Ferreyra Vella e Orrea.
A Terra de Meira comprendía 6 xurisdicións, e 3 cotos redondos que sumaban en conxunto un total de 312 Km2. As máis grandes xurisdiccións eran as de Meira e Luaces, que superaba os 90 Km2. (9.000 Has.) de extensión, mentras que os cotos de Moxueyra e Ferreyra Vella non superaba as 900 Has.:
| XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
| MEYRA | 97 |
| LUACES | 95 |
| RIOTORTO | 36 |
| LEA | 31 |
| ORREA | 18 |
| BURON | 12 |
| LUGO | 10 |
| MOXUEYRA | 9 |
| FERREYRA VELLA | 4 |
| TOTAL | 312 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE MEIRA:
O dominio señorial (ver máis) da Terra de Meira era desempeñado en primeiro lugar por a nobleza titulada (40%). A continuación atopábanse os dominios da fidalguía(29%), do clero secular (16%) e do clero regular, co 15% do territorio:
| DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
| NOBLEZA TITULADA | 17 | 124 | 40 |
| HIDALGUIA | 8 | 92 | 29 |
| CLERO SECULAR | 7 | 50 | 16 |
| CLERO REGULAR | 2 | 46 | 15 |
| TOTAL | 34 | 312 | 100 |
O maior posuidor era a marquesa de Astorga co 25% do territorio. Seguíalle Don Joseph Pimentel co 16%, e o mosteiro de Meira co 15%. Cerraban a lista varios membros de fidalguía local ou de algunha institución religiosa, que na maioría dos casos non superaban as 300 Has. de extensión :
| SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
| MARQUESA DE ASTORGA | 11 | 79 | 25 |
| DON JOSEPH PIMENTEL | 3 | 51 | 16 |
| MONASTERIO DE MEIRA | 2 | 46 | 15 |
| CONDE DEL GRAJAL | 4 | 24 | 8 |
| OBISPO DE MONDOÑEDO | 3 | 18 | 6 |
| DON NICOLAS SARMIENTO | 1 | 18 | 6 |
| CABILDO DE MONDOÑEDO | 2 | 18 | 6 |
| CONDE DE ALTAMIRA | 1 | 12 | 4 |
| OBISPO DE LUGO | 1 | 10 | 3 |
| MARQUES DE BENDAÑA | 1 | 9 | 3 |
| DON JOAQUIN DE CASTRO | 1 | 8 | 3 |
| DOÑA MARIA SAAVEDRA | 1 | 7 | 2 |
| DON ANTONIO ORDOÑEZ | 1 | 7 | 2 |
| FABRICA CATEDRAL MONDOÑEDO | 1 | 4 | 1 |
| DON FRANCISCO DE LA BARRERA | 1 | 1 | 0 |
| TOTALES | 34 | 312 | 100 |

FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.