En 1963, na rexión das Dolomitas, en Italia, un deslizamento de rocas do Monte Toc caeu sobre o encoro da presa de Vajont, xerando un tsunami de máis de 250 metros. A onda excedeu a presa e arrasou varios pobos, causando ao redor de 1.910 mortes.
https://youtu.be/Pu_hjgG_9ao?si=BrrqYf7s54c5wZYF
Podería pasar o mismo no embalse de Belesar?
Estudios xeolóxicos recentes coinciden en que a presión da auga producida pola variación do nivel do embalse pode afectar ás numerosas fallas existentes entre os concellos de Taboada e O Saviñao, producindo de feito naquela zona terremotos de baixa intensidade.
Xa desde a miña adolescencia tiven dúbidas sobre a seguridade do encoro de Belesar e as posibes consecuencias do seu desbordamento.
Agora vénse a engadir a posibilidade dunha causa allea á presa como puidese ser un corremento de terras que fixese que a auga se desbordase por riba dela.
É isto posible?
Pero esto corresponde analizalo aos xeólogos, polo que en todo caso son só especulacións producidas pola impresión que me causa a inmensidade do desastre do encoro de Vajont en Italia, semellante en moitas cousas ao encoro de Belesar, dúbida que deixo ao millor xuízo dos que lean este artigo.
Collado Villalba 18-02-1026