A Xurisdicción da Terra de Chantada
Como levamos dito, as provincias do Antiguo Reino de Galicia tiñan unha configuración distinta das actuales. A provincia de Lugo por a sua parte Sur comprendía as comarcas de Dozón, Camba e Deza, e por contra a terra de Quiroga pertenecía á provincia de Ourense. Otras parroquias do actual municipio de Carballedo pertenecían tamén á xurisdicción da Peroxa (Ourense).
| FONTE:Manuel Trincado: Compendio Histórico, Geográfico y Genealógico de los Sobreranos de la Europa. Descripción de sus Cortes, Religión y Fuerzas, con la serie de sus Príncipes, hasta el año 1760: |
A «Terra de Chantada», entendendo por tal toda a sua área de influenza económica, pódese dezir que abarcaba o territorio dos actuais concellos de Chantada, Carballedo, Taboada, Monterroso, Antas de Ulla, Palas de Rei, Portomarín, Agolada, O Saviñao e Rodeiro.
Si observamos os datos que figuran a continuación referidos á Terra de Chantada, podemos chegar á conclusión de que as oito maiores xurisdicciós do Antigo Réximen en canto á superficie deron lugar a nove concellos actuais da terra de Chantada. A Ulloa convertiose en Palas de Rei, Monterroso do concello do seu nome, a Xurisdicción de Chantada nos concellos de Chantada e Carballedo, Camba en Rodeiro, Ventosa con Borraxeiros en Agolada, Amarante en Antas de Ulla, Taboada no concello de Taboada e, finalmente, San Juán de Portomarín no de Portomarín.
|
Superficie en Has. das maiores xurisdicciós do Antiguo Réximen na Terra de Chantada:
As oito maiores xurisdicciós do Antiguo Réximen deron lugar a nove concellos actuais:
|
|
A maior parte das terras do actual municipio de Chantada pertenecía á Marquesa de Astorga, co a excepción das pertenecentes ó Mosteiro de Chantada (San Salvador de Asma), Outra excepción e a parroquia de Santa Uxía de Asma que xurisdiccionalmente dependía do Mosteiro de Oseira. Suliñar tamén a existencia de un bon número de “cotos redondos” (Muradelle, Cartelos, Brigos, Merlán, Castro, Villaquinte, Oleiros, etc.) que tiñan unha xurisdicción propia, si ben, nos últimos períodos do antiguo réximen o término “coto redondo” asimilábase tamén a unha pequena xurisdicción. O coto de Muradelle comprendía as dúas freguesías de San Payo de Muradelle e Santa Cruz de Viana:
Se poñemos en relación a antigua división xurisdiccional cos actuais concellos, e observamos o mapa que se encontra a continuación, vemos que, a grandes rasgos, no ámbito da comarca de Chantada producíase a seguinte distribución territorial:
- Carballedo.- O actual concello de Carballedo comprende as antigas xurisdicciós do Coto de Cartelos, Castro, Chouzán, Coto de Oleiros, Oseira (freguesías de Furco, Sta. Mariña do Castro, Santa Cristina e Oleiros), Vilaquinte e A Peroxa (parroquias de Campos, Marzás, Santa Baia e San Salvador de Búbal que pasaron ó concello de Carballedo para compensar a perda da xurisdicción de Deza por a provincia de Lugo) e, por último, parte da xurisdicción de Chantada (que con 4.400 Hs., cerca de un 25% del total, pasaría a formar parte do actual concello de Carballedo Comprendía as freguesías de Pradeda, Milleirós, Lobelle, Santiago de Lousada, San Mamede de Lousada, Carballedo, Buciños[1] e Erbedeiro).
- Chantada.- O concello de Chantada conservou parte da xurisdicción do mismo nome (unhas 10.700 Has., equivalente a un 60% del total ), seguida por extensión por as de Asma (2.263 Hs.), Taboada (á que pertenecía a freguesía de San Xoán de Laxe), Muradelle (cas freguesías de San Payo de Muradelle e Santa Cruz de Viana), Villar, Oseira (cas freguesías de Santa Uxía de Asma e Esmoriz) e, por último, o Coto de Brigos e o de Merlán.
- Antas de Ulla.- O actual concello de Antas de Ulla comprende parte dás antigas xurisdicciós de A Ulloa, Monterroso, Amarante e Peibás.
- Taboada.- A parte Norte do actual concello de Taboada pertenecía ás xurisdiccións de Amarante (freguesía de Xián) e de Monterroso (Insua, Arxiz, Vilameñe, Vilar de Cabalos, Meixonfío, Mourulle e San Xian de Insua); a parte central á propia Xurisdicción de Taboada; e a parte sur estaba compartida por as xurisdicciós de Villar e Quizán de Carballo.
- Agolada.- A xurisdicción de A Golada pertenecía a antiga provincia de Santiago, e comprendía as xurisdicciós de Borraxeiros, Abeancos, Ventosa, Coto de Basadre e un enclave da xurisdicción de San Antolín de Toques.
- Rodeiro.- Rodeiro correspóndese con as antigas xurisdicciós de Camba e con a freguesía de Salto que formaba parte da xurisdicción de Oseira.
- Monterroso.- O concello actual de Monterroso herdou a maior parte da xurisdicción do mismo nome. Tamén unha parte da Ulloa por o Norte (freguesía de Ligonde) e outra parte de San Miguel das Penas por o Leste (esta compartida co concello de Portomarín).
- Palas de Rei.- Comprende a mais grande parte da antigua xurisdicción da Ulloa. Ademáis das de Vilar de Donas por o Este e os Cotos de Meixide, Orosa e Quidimil por a parte Oeste. Tamén unha pequena parte de San Juan de Puerto Marín.
- O Saviñao.- O actual concello de O Saviñao formouse maioritariamente (un 54%) con a xurisdicción do mismo nome. Pero existía un bon número de cotos redondos con autonomía propia, que dependian ben da iglesia, ben de pequeños señores territoriales ou, incluso, de outras xurisdicciós. Ó primeiro caso compre citar as xurisdicciós de Aboime, Acoba, Diamondi ou Villa Sante. Como dependentes de xurisdicciós alleas ó propio territorio do Saviñao pódense nomear as de Chantada (freguesías de Freán e Vilaesteva), Taboada (con a freguesía de San Xoán de Sobreda), Brollón (con Ousende), Moreda (con as freguesías de Seteventos, Licín e Fión) e, por último, Incio y Broza á que pertenecía a freguesía de San Tomé de A Broza.
- Portomarín.- Recibío o seu actual territorio das antiguas xurisdicciós de San Xoán e San Pedro de Portomarín, Monterroso, San Xoán das Penas, Recelle e Caborrecelle e Ferreyra de Pallares.
O Réximen Señorial da Xurisdicción do actual concello de Chantada:
O actual concello de Chantada articulóuse en base a tres grandes xurisdicciós daquéla época. Eran a de Chantada, Asma e Oseira. Existían varios cotos redondos que dispoñían de autonomía xurisdiccional como o son os Cotos de Brigos, Muradelle, Merlán, ou enclaves pertenecentes a autras surisdicciós, pero que estaban situados físicamente no territorio chantadino: Laxe era da xurisdicción de Taboada ou Veiga e Pedratira do de Villar. A freguesía de Vilaúxe tamén se sustraía os anteriores dominios e pertenecía á Marquesa de Parga xunto con dous pequenos codos vitócilas de Pincelo e a Sariña, compartidos co Obispo de Lugo. Por contra, a xurisdicción de Chantada pertenecíalle a parroquia de Freán, situada no actual municipio de Saviñao
Desde o punto de vista da dependencia señorial, pódese decir que a maior parte do actual muncipio de Chantada era de dominio da Marquesa de Astorga. Seguíanlle en importancia o Monasterio de San Salvador de Asma ou de Chantada e o Mosteiro de Oseira.
- As parroquias de San Salvador de Asma, Belesar, Mouricios, Santiago de Arriba, Camporramiro e Pereira pertenecían ó señorío do Mosteiro de San Salvador de Asma (tamén chamado Mosteiro de Chantada).
- A parroquia de Vilauxe, que comprendía tamén a actual parroquia da Sariña, independizada posteriormente pertenecía ó señorío da Marquesa de Parga xunto cos Cotos Redondos de A Sariña e Pincelo, que eran de dominio compartido con o Obispo de Lugo.
- Pertenecía á Xurisdicción de Villar, e por tanto ó señorío do Conde de La Vega, as actuais parroquias chantadinas de Veiga e Pedrafita.
- Pertenecía ó Conde de Moctezuma o Coto de Muradelle, que comprendía as actuais parroquias de Muradelle e Sta. Cruz de Viana.
- Pertenecían á Xurisdicción de Oseira, e por tanto ó señorío de dito Mosteiro as duas parroquias chantadinas de Santa Uxía (Eugenia) de Asma e de Esmoríz.
- Os cotos de Brigos e Merlán pertenecían a Don Benito Boán e a Don Pedro Ramón Quiroga, respeitivamente.
- O coto de Carballedo (Sabadelle) era dominio de Dª Josefa de Lemos.
- E por últlimo, a actual parroquia de San Xoán de Laxe (Soane), estaba incluída na xurisdicción de Taboada, e pertenecía ó Conde de Maceda.
| Señoríos da xurisdicción de Chantada: (Facer click na imaxen para ampliar):
[1] Pertenecía á xurisdicción de Oseira parte da actual freguesía de Buciños, cos lugares de Trasar de Sabugueiro, Loureiro (antigua parroquia de San Juán de Lureiro, anexa de Buciños) e Iglesiña (BAÑUELOS, Miguel.- “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid). |






