

A «Terra de Chantada», entendendo por tal toda a sua área de influenza económica, pódese dezir que abarcaba o territorio dos actuais concellos de Chantada, Carballedo, Taboada, Monterroso, Antas de Ulla, Palas de Rei, Portomarín, Agolada, O Saviñao e Rodeiro.
Si observamos os datos que figuran a continuación referidos á Terra de Chantada, podemos chegar á conclusión de que as oito maiores xurisdicciós do Antigo Réximen en canto á superficie deron lugar a nove concellos actuais da terra de Chantada. A Ulloa convertiose en Palas de Rei, Monterroso do concello do seu nome, a Xurisdicción de Chantada nos concellos de Chantada e Carballedo, Camba en Rodeiro, Ventosa con Borraxeiros en Agolada, Amarante en Antas de Ulla, Taboada no concello de Taboada e, finalmente, San Juán de Portomarín no de Portomarín.
|
Superficie en Has. das maiores xurisdicciós do Antiguo Réximen na Terra de Chantada:
As oito maiores xurisdicciós do Antiguo Réximen deron lugar a nove concellos actuais:
|
| XURISDICCIÓS | SUPERFICIE (HAS.) | NÚM. DE FREGUESÍAS |
| ULLOA | 20758 | 44 |
| MONTERROSO | 16600 | 41 |
| CHANTADA | 15165 | 29 |
| CAMBA | 14426 | 19 |
| VENTOSA | 7515 | 11 |
| AMARANTE | 6703 | 10 |
| TABOADA | 6582 | 13 |
| PUERTO MARIN SAN JUAN | 4002 | 9 |
| OSEIRA | 3621 | 6 |
| BORRAXEIROS | 3397 | 4 |
| VILLAR | 3122 | 7 |
| PEIBAS | 3076 | 9 |
| CHOUZAN | 2338 | 3 |
| ASMA | 2263 | 6 |
| A PEROXA | 2032 | 5 |
| SAN MIGUEL DAS PENAS | 1680 | 3 |
| FERREYRA DE PALLARES | 1668 | 2 |
| VILAR DE DONAS | 1573 | 2 |
| SALTO | 1053 | 1 |
| COTO DE CAMANZO | 1002 | 2 |
| QUINZAN DO CARBALLO | 961 | 2 |
| SAN ANTOLIN DE TOQUES | 918 | 2 |
| MURADELLE | 878 | 2 |
| PUERTO MARIN SAN PEDRO | 805 | 1 |
| COTO DE BASADRE | 802 | 2 |
| CAVORRECELLE | 785 | 1 |
| VILLAQUINTE | 718 | 1 |
| CASTRO | 657 | 1 |
| ABEANCOS | 641 | 2 |
| RECELLE | 611 | 1 |
| BRIGOS | 603 | 1 |
| MERLAN | 500 | 1 |
| COTO DE CARMOEGA | 500 | 1 |
| COTO DE OLEIROS | 482 | 1 |
| COTOS DE QUINDIMIL Y MO | 422 | 1 |
| CARTELOS | 323 | 1 |
| COTO DE MEIXIDE | 299 | 1 |
| COTO DE OROSA | 241 | 1 |
Se poñemos en relación a antigua división xurisdiccional cos actuais concellos, e observamos o mapa que se encontra a continuación, vemos que, a grandes rasgos, no ámbito da comarca de Chantada producíase a seguinte distribución territorial:
- Carballedo.- O actual concello de Carballedo comprende as antigas xurisdicciós do Coto de Cartelos, Castro, Chouzán, Coto de Oleiros, Oseira (freguesías de Furco, Sta. Mariña do Castro, Santa Cristina e Oleiros)[1], Vilaquinte e A Peroxa (parroquias de Campos, Marzás, Santa Baia e San Salvador de Búbal que pasaron ó concello de Carballedo para compensar a perda da xurisdicción de Deza por a provincia de Lugo) e, por último, parte da xurisdicción de Chantada (que con 4.400 Hs., cerca de un 25% del total, pasaría a formar parte do actual concello de Carballedo. Comprendía as freguesías de Pradeda, Milleirós, Lobelle, Santiago de Lousada, San Mamede de Lousada, Carballedo, Buciños e Erbedeiro).
- Chantada.- O concello de Chantada conservou parte da xurisdicción do mismo nome (unhas 10.700 Has., equivalente a un 60% del total ), seguida por extensión por as de Asma (2.263 Hs.), Taboada (á que pertenecía a freguesía de San Xoán de Laxe, ca excepción de dous veciños que pertenecían ó Conde de Amarante), Muradelle (cas freguesías de San Payo de Muradelle e Santa Cruz de Viana), Villar, Oseira (cas freguesías de Santa Uxía de Asma e Esmoriz) e, por último, os Cotos de Brigos, Merlán, Carballedo (Sabadelle) e Souto e Veiga(Nogueira).
- Antas de Ulla.- O actual concello de Antas de Ulla comprende parte dás antigas xurisdicciós de A Ulloa, Monterroso, Amarante e Peibás.
- Taboada.- A parte Norte do actual concello de Taboada pertenecía ás xurisdiccións de Amarante (freguesía de Xián) e de Monterroso (Insua, Arxiz, Vilameñe, Vilar de Cabalos, Meixonfío, Mourulle e San Xian de Insua); a parte central á propia Xurisdicción de Taboada; e a parte sur estaba compartida por as xurisdicciós de Villar e Quizán de Carballo.
- Agolada.- A xurisdicción de A Golada pertenecía a antiga provincia de Santiago, e comprendía as xurisdicciós de Borraxeiros, Abeancos, Ventosa, Coto de Basadre e un enclave da xurisdicción de San Antolín de Toques.
- Rodeiro.- Rodeiro correspóndese con as antigas xurisdicciós de Camba e con a freguesía de Salto que formaba parte da xurisdicción de Oseira.
- Monterroso.- O concello actual de Monterroso herdou a maior parte da xurisdicción do mismo nome. Tamén unha parte da Ulloa por o Norte (freguesía de Ligonde) e outra parte de San Miguel das Penas por o Leste (esta compartida co concello de Portomarín).
- Palas de Rei.- Comprende a mais grande parte da antigua xurisdicción da Ulloa. Ademáis das de Vilar de Donas por o Este e os Cotos de Meixide, Orosa e Quidimil por a parte Oeste. Tamén unha pequena parte de San Juan de Puerto Marín.
- O Saviñao.- O actual concello de O Saviñao formouse maioritariamente (un 54%) con a xurisdicción do mismo nome. Pero existía un bon número de cotos redondos con autonomía propia, que dependian ben da iglesia, ben de pequeños señores territoriales ou, incluso, de outras xurisdicciós. Ó primeiro caso compre citar as xurisdicciós de Aboime, Acoba, Diamondi ou Villa Sante. Como dependentes de xurisdicciós alleas ó propio territorio do Saviñao pódense nomear as de Chantada (freguesías de Freán e Vilaesteva), Taboada (con a freguesía de San Xoán de Sobreda), Brollón (con Ousende), Moreda (con as freguesías de Seteventos, Licín e Fión) e, por último, Incio y Broza á que pertenecía a freguesía de San Tomé de A Broza.
- Portomarín.- Recibío o seu actual territorio das antiguas xurisdicciós de San Xoán e San Pedro de Portomarín, Monterroso, San Xoán das Penas, Recelle e Caborrecelle e Ferreyra de Pallares.
Señoríos da Xurisdicción do actual concello de Chantada:
O actual concello de Chantada articulóuse en base a tres grandes xurisdicciós daquéla época. Eran a de Chantada, Asma e Oseira. Existían varios cotos redondos que dispoñían de autonomía xurisdiccional como o son os Cotos de Brigos, Muradelle, Merlán, ou enclaves pertenecentes a autras surisdicciós, pero que estaban situados físicamente no territorio chantadino: Laxe era da xurisdicción de Taboada ou Veiga e Pedratira do de Villar. A freguesía de Vilaúxe tamén se sustraía os anteriores dominios e pertenecía á Marquesa de Parga xunto con dous pequenos cotos vitícolas de Pincelo e a Sariña, compartidos co Obispo de Lugo. Por contra, a xurisdicción de Chantada pertenecíalle a parroquia de Freán, situada no actual municipio de Saviñao
Desde o punto de vista da dependencia señorial, pódese decir que a maior parte do actual muncipio de Chantada era de dominio da Marquesa de Astorga. Seguíanlle en importancia o Monasterio de San Salvador de Asma (ou de Chantada) e o Mosteiro de Oseira.
- As parroquias de San Salvador de Asma, Belesar, Mouricios, Santiago de Arriba, Camporramiro e Pereira, xunto cos Cotos de Soto e Veiga (Nogueira), pertenecían ó señorío do Mosteiro de San Salvador de Asma (tamén chamado Mosteiro de Chantada).
- A parroquia de Vilauxe, que comprendía tamén a actual parroquia da Sariña (antes chamada San Vicente de Vilauxe e separada posteriormente) pertenecía ó señorío da Marquesa de Parga xunto cos Cotos Redondos de A Sariña e Pincelo, que eran de dominio compartido co Obispo de Lugo.
- Pertenecía á Xurisdicción de Villar, e por tanto ó señorío do Conde de La Vega, as actuais parroquias chantadinas de Veiga e Pedrafita.
- Pertenecía ó Conde de Moctezuma o Coto de Muradelle, que comprendía as actuais parroquias de Muradelle e Sta. Cruz de Viana.
- Pertenecían á Xurisdicción de Oseira, e por tanto ó señorío de dito Mosteiro as duas parroquias chantadinas de Santa Uxía (Eugenia) de Asma e de Esmoríz.
- Os cotos de Brigos e Merlán pertenecían a Don Benito Boán e a Don Pedro Ramón Quiroga, respeitivamente.
- O coto de Carballedo (Sabadelle) era dominio de Dª Josefa de Lemos.
- E por últlimo, a actual parroquia de San Xoán de Laxe (Soane), estaba incluída na xurisdicción de Taboada, e pertenecía ó Conde de Maceda.
(Facer click na imaxen para ampliar):
| PARROQUIA | JURISDICCIÓN | SEÑORÍO |
| SAN SALVADOR DE ASMA (SAN | ASMA | ASMA |
| BELESAR (SAN BARTOLOMEU) | ASMA | ASMA |
| MOURICIOS (SAN CRISTOVO) | ASMA | ASMA |
| SANTIAGO DE ARRIBA (SANTI | ASMA | ASMA |
| CAMPORRAMIRO (SANTA MARIA | ASMA | ASMA |
| VEIGA (SAN XOAN) | VILLAR | CONDE DE LA VEGA |
| PEDRAFITA (SANTA BAIA) | VILLAR | CONDE DE LA VEGA |
| A LAXE (SAN XOAN) | TABOADA | CONDE DE MACEDA |
| MURADELLE (SAN PAIO) | MURADELLE | CONDE DE MOCTEZUMA |
| SANTA CRUZ DE VIANA (SANT | MURADELLE | CONDE DE MOCTEZUMA |
| BRIGOS (SAN SALVADOR) | BRIGOS | DON BENITO BOAN |
| MERLAN (SAN TOME) | MERLAN | DON PEDRO RAMON QUIROGA |
| VILAUXE (SAN SALVADOR) | CHANTADA | MARQUESA DE PARGA |
| A SARIÑA (SAN VICENTE) | CHANTADA | MARQUESA DE PARGA |
| SANTA UXIA DE ASMA (SANTA | OSEIRA | OSEIRA |
| ESMORIZ (SAN XILLAO) | OSEIRA | OSEIRA |
